lunes, 1 de junio de 2015

LOLO PENAS EMBAIXADOR DA II CARREIRA POPULAR DE CURTIS

O martes día 26 de Maio , con motivo da presentación da II Carreira Popular  Curtis 2015, visitou o concello o atleta de Arzúa Lolo Penas, un dos mellores fondistas españois dos últimos anos, internacional en 12 ocasións.



Manuel Ángel Penas( Lolo Penas)

Arzúa, 09.11.1977 - 1,75m/55kg
Entrenador: José Luis Tuimil
Club 2014/2015: New Balance Team
Internacional: 12 (2000-2014)



PALMARES

  • Campión de España Absoluto de cross corto (2008)
  • Campión de España Absoluto de 5.000m (2012)
  • Campión de España Absoluto de 10.000m (2012)
  • Campión de España Absoluto de 10km ruta (2012)
  •  Campión de España Promesa de 1.500m en pista cuberta (1998)
  • Campión de España Universitario de 1.500 metros (2000)

Logo do acto oficial de presentación e da posterior entrega dun agasallo por parte do alcalde de Curtis, Lolo respondeu a algunhas preguntas que resumimos a continuación:

¿Como foron os teus inicios no atletismo?
Durante a miña infancia practiquei distintos deportes, entre eles o fútbol sala ata que con 17 comecei a correr polo meu pobo e arredores. Cando comecei a correr por Arzúa non todo o mundo entendía porque corría tanto sen motivo  e se saía a  correr pola noite se tiña que desprazarme a Boimorto porque alí si había alumeado público.
Xa con 20 anos comecei a adestrarme en serio, nun club e con adestrador, converténdome  así en atleta.

¿Que fai atractiva unha carreira popular?
Hai infinidade de motivos polos que unha carreira pode ser atractiva, dende o entorno polo que discorra, o horario a que se celebre, o nivel dos atletas que a disputen e que sexa homologada ou premio final poden facer mais ou menos atractiva a proba.

¿Que motiva a un atleta á hora de elixir unha ou outra proba?
Un deportista de elite coma min, inclúe dentro da súa planificación moitas carreiras populares que coma  adestramento  non coma competicións coa fin de lograr vario picos de forma en momentos determinados da tempada. Por iso o nivel dos atletas que se presente e a cuantía económica do premio final son os aspectos que me  fan declinar por unha ou outra proba, xa que o aspecto económico e fundamental para autofinanciar a súa actividade.
Un deportista de elite coma min, que utilizo moitas carreiras como entreamentos propios sóelles importar tanto o nivel de atletas que se presenten coma o premio final da proba, posto que necesitan os recursos económicos para autofinanciarse polo que moitas veces a planificación da temporada vai enfocada a ter os mellores picos de forma en estas carreiras.

¿Crees que as carreiras populares son unha moda?
Creo que xente cada vez é mais consciente de que moverse aumenta a calidade de vida e por tanto que incluír o deporte coma un hábito de vida axuda a mellorar a nosa saúde.
Correr é unha actividade relativamente económica que calquera persoa pode practicar  tanto individualmente coma en pequenos grupos, por iso é unha actividade elixida por tantas persoas.

¿Qué lle dirías a un neno/a para que empezase a practicar este deporte?
En primeiro lugar que se divirta e que o practique se lle gusta. E fácil que un grupo de amigos vaian a pasalo ben mentres fan atletismo.



Tamén nos falou da participación dos atletas africanos nestas carreiras, contounos como á marxe da xenética,  aspecto que lles axuda a ter tan boas marcas tamén inflúe a cultura que como país teñen do atletismo. E países como Etiopía ou outros africanos a práctica do atletismo supón para os nenos o mesmo que para aquí un chegar a ser futbolista, os seus ídolos son atletas e ademais supón unha maneira de saír da situación na que se atopan.

Aproveitando a ocasión, creamos unha nova sección de entrevistas e fixémonos unhas fotos para inmortalizar o momento.


DENDE AQUÌ ANIMÁMOSVOS A QUE PARTICIPEDES!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario