viernes, 4 de diciembre de 2015

Entrevista a : Santiago Férnandez Linares, “GUTI”


Santiago Férnandez Linares, “GUTI”.





ALTURA: 1,71
PESO: 105-110 kg
IDADE: 34 anos.













  • Meritos deportivos:

2007

- Bronce Campeonato Norte de España de culturismo.
Categoría principiante.
- Campión de Galicia classic bodybuilding
- Subcampión Open nacional Iron Baby. cat classic bodybuilding

2008
- Subcampión de Galicia culturismo senior 80 kg
- Bronce Campeonato Norte de España culturismo 80 kg

2010
- Campión Open Musclepower culturismo San Sebastian
- Campión Norte de España culturismo 90 kg
- Campión absoluto Norte de España culturismo e premio mellor posador
- Campión Copa de España de culturismo 85 kg

2012
- 1- 4 clasificado arnold classic amateur culturismo -90kg

2014
- Campión Campeonato de España Press de banca open -110kg (récord nacional 200kg)

2015
- Campión I Campeonato de España de Powerlifting. cat press de banca open-110kg (record nacional 205 kg)

- Subcampión Campionato do mundo powerlifting Portugal , cat peso morto open-110kg.




ENTREVISTA:


"O primeiro que me veu a cabeza foi que estaba representando a un país enteiro e que levaba un subcampionato para casa"


- "Non coñezo ningún outro deporte que teña competiciòns con categoría de ata 80 anos"




1.- A primeira pregunta case é obrigada , ¿Cómo se leva iso de ser subcampión do mundo?

Pois a verdade que moi contento, foi unha preparación durísima, contento por acabala enteiro e sobre todo por acadar unha recompensa que xa queda ahí para sempre…


2.- ¿Qué pasa pola cabeza dun deportista cando se sube a un podio mundialista?



A verdade que che podo dar unha resposta moi sincera, xa que nin no mellor dos meus soños imaxinaba estar no podio dun campionato do mundo, así que nunca me plantexei como sería.
O primeiro que me veu a cabeza foi, que estaba representando a un país enteiro e que levaba un subcampionato para casa…
Anteriormente cando gañaba algún campionato víñaseme a cabeza a dureza do adestramento pero desta vez non foi así e non sei por qué iso foi o que se me veu a cabeza.


3.-Cóntanos brevemente en, ¿qué consisten estas probas deportivas nas que competiches?


O Powerlifting é un deporte forza no que realizan 3 probas ou exercicios básicos que son: a Sentadilla, o Press de Banca e o Peso Morto.

Consiste en levantar o máximo peso posible nunha soa repetición, é dicir un esforzo máximo para  cada participante que  conta con tres intentos.
O 100% de intensidade que se pode aplicar a unha serie, ó final sumase ó peso do mellor levantamento en cada exercicio, pero tamén se compite por exercicios xa que hai moita xente especialista nun en concreto.

Fronte a outros deportes de levantamento de peso aquí prima a forza por enriba todo, xa que son levantamientos básicos que no requiren moitisima técnica, ainda que ten mais técnica do que en principio parece…



  1. ¿Cales son as principais diferenzas dunha competición normal a competir nun mundial?
Deixando a un lado a preparación que foi moito mais dura, a verdade é que un mundial é algo increíble, as instalacións, unha zona de quencemento espectacular con máquinas que en España casi nin se ven, o ambiente indescriptible,só o luns éramos 400 competidores e a competición foi unha semana enteira.

Había seleccións de todo o mundo sendo Kazajistan a mais numerosa e a que mais éxitos tivo.
Na miña categoría tiña xente de Estados Unidos, Bulgaria , Rusia, os citados Kazajos, Portugal, Francia… increíble, xa cando ves as listas dis un tío non ven desde o outro lado do mundo para facer turismo…
 pero como digo eu os kilos pesan igual aquí que en China ou New York, e os galegos tamén somos moi fortes, se ata os vikingos chegaron aquí e tiveron que dar a volta jajaj.
Bromas a parte creo que o importante, a mensaxe que quero dar a calquera deportista que este comezando e lea isto é, que sempre pensamos que o mellor está fora, que un campión do mundo virá de New York porque alí terá sabe dios que instalacións que parecen a nasa, pero a realidade é que son coma nós, xente normal que entrena duro e intenta ser o mellor, non hai nada que nos limite a ser os mellores, ou polo menos intentalo, vivindo no concello de Curtís tiven todo o necesario para prepararme para un campeonato do mundo e traer o
segundo posto, así que nadie se poña limitacións, debes facer todo o que esté na túa man e o que teña que vir virá.


5.- 6 ¿Cales foron os teus inicios como deportista (artes marciais)?
¿Cómo che xurdiu a idea de comezar esta modalidade, “Culturismo” tan pouco coñecida por aquel entonces?

Bueno a maioría dos que lean isto xa me coñecerán, desde sempre me chamou moitísimo a atención a xente forte, os físicos musculados e todo o que tivera que ver con cousas así. Medrei xogando con un “he-man” e dende pequeno sabía que eu iba a ser así de maior.

Tiña pesas na casa dende os 14 anos ou pouco mais, aínda que, a primeira vez que me apuntei nun ximansio foi para ir a clases de kickboxing. Foi cando comencei a facer pesas mais en serio, daquela tiña que desprazarme a Betanzos ou Coruña non era como agora que o temos todo aquí, os deportes de contacto son a outra paixón que teño, pero por traballo tiven que deixalo e centreime nas pesas.

Pensei en competir por primeria vez en culturismo, non se me deu mal, gañei o campionato galego e a partir de ahí continuei bastante en serio, sempre respondín moi ben a entrenos de forza e sempre me gustaron moito, saquei moito partido a ese tipo de entrenos no cultursimo xa que despois podia facer outros entrenos mais específicos con mais peso que os demais e fun mellorando moito ano tras ano.
En 2011 coñecín a un tío que colgaba vídeos con unhos pesos inimaxinables para o resto de mortais, Daniel Martinez, que é, hoxe por hoxe, a maior estrella do Powerlifting en España, no pasado mundial logrou 5 récords do mundo creo recordar.. despraceime a Madrid para coñecelo e de feito a primeira exhibición que fixo Dani foi no noso pobo, a xaula de sentadilla bautizouna el jjjaja!

Él, que tamén era culturista, comenzou a competir en probas de forza como “Strongman” e Culturismo, e foi un pouco o que me animou a probar a competir en “Power” xa que eu tiña unha moi boa marca en press de banca.
No primerio campeonato o que asistín, fixen o récord de España no primeiro intento. foi así como comecei a tomalo mais en serio, mellorar técnica e realizar un entreno mais específico.
Este ano organizábase o mundial en Portugal, era unha boa ocasión de vivir algo así, o europeo era en Letonia, quedaba un poco lonxe, aquí non hai axudas, costeamonos todo nos, pero Portugal quedaba cerca, por que non probar? e mira como acabamos…

7- ¿Cómo é a rutina de entreno ?



Recordo que sempre fixen culturismo aínda que incluía entrenos de forza, para o powerlifting fun totalmente autodidacta, por sorte a miña formación permitiume poder elaborar un plan, xa que en Galicia non había ninguen que se dedicara a isto, e aínda que sinceramente sei que me pasei i entrenei habitualmente máis duro do que debía, e que podia chegar mais forte a este campeonato, pero para a primeira vez non me poido queixar!

Combinaba os entrenos de culturismo con dous días de power, principalmente nos que tiña compañeiro de entreno, aínda que teño que dicir que, sempre tiven todo o apoio posible, tanto os rapaces dos ximnasios municipais como os rapaces que eu preparo de fora, sempre que necesitei axuda para algún entreno tiven a alguén disposto a axudar, moitas veces vindo só para iso. A verdade que isto foi así desde que me levo preparando para competir no que sexa, a xente siempre se volcou conmigo axudandome, como si tiñan que vir a axudar ou acompañarme.

Facendo cardio para que fora mais levadeiro etc… teño sorte porque sempre tiven todo o apoio que necesitei e mais! sempre digo que no meu caso é un deporte de equipo, eu son o que sube ahi pero todos compiten conmigo porque tamen se prepararon conmigo.


8.- O culturismo goza de mala fama na opinión pública polo extremo que pode chegar a ser, ¿Cómo explicarías que o “culturismo” pode se un deporte tan saudable como calquer outro ?


Resumo rápido, a parte do Culturismo e Do Power, non coñezo ningún outro deporte que teña competiciòns con categoría de ata 80 anos… A verdade é que na nosa a sociedade os medios só dan cobertura ó fútbol, e os outros deportes encima de deixalos de lado solo se lles acordan para “botar lama” enriba (con perdón). Antes o ciclismo, agora, últimamente o atletismo… se sal nos medios de comunicación outro deporte que non sexa fútbol sempre será para algo malo, acórdanse do boxeo se alguén sae mancado, do ciclismo ou atletismo se sae algún positivo etc… Xamais oirás falar do powerlifting en tv, pero, por contra, este ano saiu en todos os noticieiros a imaxe dun rapaz que rompe os tendóns das rodillas durante unha competición, da igual cantos campeonatos se fixeron ou cantos éxitos tiveramos no mundial, de eso non sae nin unha palabra, pero ese accidente en tódolos canais… creo que é bastante claro o ejemplo de sensacionalismo non?

Se falamos de culturismo sempre se nos colgaron etiquetas ou mitos, vouche desmontar unha rápido: seguro que oiches alguna vez os culturistas non teñen forza, solo están inflados, ben,eu son culturista e acabo de quedar subcampión do mundo nun deporte de forza… pois así 1000 mais. Mentres desde fora se nos da esa imaxe, pouco podemos facer mais que intentar explicar a xente en que consiste esto, como se vive desde dentro e pouco mais.

A min, xa non me afecta, antes si que discutía cando oía algunha parvada, pero xa nin perdo o tempo a verdade.


1  9.- E xa para finalizar preguntarche ¿cal será o teu próximo reto?
A nivel de competición de momento recuperarme de dores que teño en casi tódalas artucilacións do corpo… non, en serio necesito 2 meses de afloxar física e psicolóxicamente, por sorte veñen as fechas perfectas! disfrutar da miña xente e familia que durante as preparacións deixanse un pouco de lado, ainda que xa me coñecen e nadie se extraña se Guti non puido vir porque ten que entrenar ou cousas así… pero toca compensar un pouco todo este tempo que non puiden estar tanto como quixera. A parte como decía antes estos deportes sen ningún tipo de axuda, todo corre da nosa conta, e a estos niveis últimamente
calquera competición precisa 4-5 meses de moita dedicación, preparación moi moi duras así que ten que ser algo que me motive, algún reto que me resulte chamativo polo que sea, pero bueno coñecéndome seguro que algo se me vai meter na cabeza…

Estou traballando para facer o “I campionato galego de powerlifting” que será no noso concello, que pouco a pouco se esta a converter na capital galega do deporte, xa estamos a colaborar con seleccions galegas de futbol sala, halterofilia, boxeo, agora será o powerlifting e seguro que mais cousas se farán.
Así que estade atentos porque en breve os mais fortes de Galicia estarán competindo aquí e teremos moita e boa representacion de deportistas do concello.


Moitísimas Grazas a Guti por esta entrevista e dende as escolas felicitámolo por este gran palmarés deportivo.






No hay comentarios:

Publicar un comentario